domingo, noviembre 3

Parruliño

Hai algo verdadeiramente forte entre os dous. E aínda que eu nunca sei como chamalo sempre hai alguén ao meu arredor disposto a vendermo como amor. Pero, que é exactamente o amor? É máis que maxia. Tan impredecible, tan indomable, tan insustituíble, tan nós. E cando penso en ti... Cando penso en ti non quero chamalo amor, cando estás ao meu carón non o sinto como amor. Non. Porque é único, no é como o dos máis, non é sinxelo,  é o meu ruxe-ruxe, a nosa especialidade; é moito máis,
moito, moitísimo máis. Teño que repetir todas as veces que me inspiras? Que describir o que sinto cando estás ao meu carón polas mañás? Non, non podo e, de feito, non quero. Ninguén engaiola a maxia porque se non é libre, non é maxia. E falando de liberdade doume conta de algo que non adoito pensar... Quéresme, puidendo non quererme, totalmente libre, aínda que haxa máis mulleres, quéresme a mín. Como é eso posible? Como podo vivir cada día rodeada de semellante conxuro da vida sen aprecialo na súa totalidade e profundidade? É incrible...

Pon un ollo na conta atrás, 18 <3

No hay comentarios:

Publicar un comentario